Benvid@s

Esta páxina é unha modesta proposta froito dun traballo de mapeamento de variadas iniciativas ligadas ao Patrimonio Cultural Inmaterial en Galicia. Dicimos modesta porque somos conscientes das nosas limitacións, tanto económicas como de tempo e coñecemento. Facemos o mellor que podemos, e ideas que aporten son benvidas.

Contexto

A finais de 2011 un grupo de persoas vinculadas á Xandobela comezas a colaborar dentro dun proxecto europeo chamado Grand Treasures, que se centra na Historia Oral e que naceu a partir doutra proposta (Books21) implementada en 2010 e 2011.

Xa no comezo vimos a necesidade de facer un análise do que había en Galicia neste eido, e un dos principais problemas que nos atopamos foi a ausencia dalgún espazo onde se compilaran as numersoas iniciativas existente. Por iso pensamos que o traballo que fixemos nestes 2 anos ben podería ser de utilidade para outras persoas e entidades que no futuro quixeran indagar polo rico e variado mundo dos arquivos dixitais, proxectos de patrimonio inmaterial e máis cousiñas interesantes que fomos atopando. Eiquí o resultado, agardamos que vos preste e que se sabedes de algo que debería estar nesta recompilación, por favor no-lo fagades chegar ao noso correo electrónico.