Trátase dun proxecto europeo dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente, concretamente é unha Asociación de Aprendizaxe de GRUNDTVIG.

Para quen non coñeza este programa, aconsellamos botarlle unha ollada á web do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos. Atoparedes un montón de nomes como Comenius, Leonardo, Grundtvig ou o famoso Erasmus, entre outros. Cada un destes nomes ou programas corresponde a diferentes eidos da Educación (Formal, Informal e Non Formal), que se complementan con outro programa chamado Xuventude en Acción (Educación Non Formal e Informal).

Estes programas están ao alcance de pequenas asociacións, grupos informais, administracións e sector empresarial... é dicir, son accesibles para quen teña interese e motivación para planificar a medio e longo prazo. É cuestión de informarse e atopar o espazo onde encaixe a vosa proposta.