Proposta Didácticas con PCI

  Dende os tempos antigos a transmisión oral foi a principal vía de garantir a identidade local de cada cultura. Vivimos tempos modernos, nin mellore nin peores, son distintos. Na Europa Occidental precisamos de novas propostas que permitan un patrimonio vivo e activo. 

  Ao mesmo tempo a debilidade lexislativa e o escaso interese que esperta o Patrimonio Cultural Inmaterial a nivel político, fan que sexa aconsellable pensar en visibilizar as iniciativas que de xeito desinteresado promoven persoas e entidades, para dar valor aos propios proxectos e tamén ao Patrimonio Inmaterial de Galicia.