Iniciativas PCI en Galicia

Centrándonos no ámbito dixital, hai moitas e variadas iniciativas sobre Patrimonio Cultural Inmaterial en Galicia. De seguro que non coñecemos todas, e estamos convencid@s de que irán nacendo outras novas co paso dos anos. Eila nosa modesta intención: agrupar cantos proxectos haxa para que dun xeito estandarizado se poida acceder á información.

Cando pensamos en facer unha clasificación agromaron varias cuestións, pois as categorías podían ser varias e non había ningunha que nos parecera máis axeitada. Así que tomamos o camiño do medio... ou máis ben os 2 camiños que pintaban mellor:

  + Por Ámbito xeográfico (Galicia ou provincias).

  + Por Tipo de Documentos (audiovisual, imaxes, texto, son).