Tipo de Documentos

Cando comezas a ver a variedade de proxectos existentes sobre Patrimonio Cultural Inmaterial, é doado ver que a máxima de que "na miña casa xogamos así" é aplicable a esta realidade. É lóxico e normal, pois hai iniciativas persoais e asociativas que nacen en lugares moi dispersos, sen apenas conexión entre elas, e que por sorte tiveron a ben facer algo polo Patrimonio Inmaterial en Galicia.

E naturalmente cada quen ten os seus intereses, motivacións e coñecementos técnicos. Misturando todo chegamos á situación actual: Proxectos que se adican a dixitalizar fotografías, outros que se centra en vídeos e mesmo quen penseou en recoller os sons.

  + Audiovisuais: Vídeos, normalmente gravacións caseiras pero tamén teñen cabida vídeos musicais (como o caso curioso de Teresa Rabal facendo pompas de xabón na Guarda) ou fragmentos de filmes (imprescinble Sara Montiel indo aos percebes en Oia)

  + Audio: Documentos de son, non necesariamente de contido musical, pois as paisaxes sonoras son tamén parte do patrimonio.

  + Imaxes: Hai varios proxectos sobre fotografías antigas, que son dixitalizadas para facer exposicións. Tamén poden ter cabida cartaces ou anuncios publicitarios.

  + Textos: Especialmente interesantes resultas as publicacións periódicas locais, revistas e boletíns que adoito están almaceadas en vellos desváns.