ARQUIVO SONORO DE GALICIA

É unha iniciativa do Consello da Cultura Galega. O labor esencial do Arquivo Sonoro de Galicia xira en torno á recuperación do patrimonio oral e musical galegos e xorde co propósito último de se converter ou, cando menos, sentar as bases para a creación e posta en funcionamento da necesaria e futura Fonoteca de Galicia.

Os fondos documentais sonoros do arquivo están a disposición de estudosos para as investigacións pertinentes e tamén para outros empregos que non teñan carácter comercial.

Ver web do Arquivo Sonoro de Galicia.