ENT ACD Dorna

A Escola de Navegación Tradicional das Asociación Cultural e Deportiva Dorna ven organizando de 2001 curso de navegación e aparellamento tradicional, varios centos de persoas pasaron neste tempo pola praia do Bao, onde a Escola ten a súa sede. Mais a transmisión non se limita a pasar unhas cantas tardes navegando en dorna... Os nomes das partes da Dorna, a talasonimia na Illa de Arousa, cantares, saberes, o mantemento das embarcacións durante o inverno, o espíritu do traballo colectivo a prol dunha idea común, conforman o sentimento desta Escola.

Ver blog da ENT da ACD Dorna.