ESCOITAR.ORG

Trátase dun proxecto promovido por unha comunidade aberta, que toma forma legal baixo unha asociación cultural.

Céntranse na conservación da memoria sonora de Galicia e a posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial.

Como din na web: "os sons que nos rodean forman parte inevitable das nosas vidas e da nosa memoria colectiva, presentándose como un material inestimable para a comprensión das culturas e as sociedades que os producen, os utilizan ou os perciben".

Nos diversos apartados da web hai informacións moi interesantes, como o apartado sobre tecnoloxías (onde está explicado o procedemento para seleccionar o mapa, adaptalo, etc.).

Ver á páxina web de Escoitar.org