FACHOS E FORTES

O CEIP Antonio Fernández de Goián foi o gañador do Premio Fundación Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego co proxecto "Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova de Cerveira e Tomiño. Patrimonio Inmaterial".

Goián e Cerveira son dúas localidades unidas polo río Miño, ata hai uns anos o ferri tamén axudaba na comunicación pero dende a inauguración da Ponte da Amizade. En ambas localidades hai fortificacións e asociadas a elas existe un rico patrimonio inmaterial reflexado na toponimia, lendas e tradicións.

Neste proxecto procúrase a recuperación de topónimos, de termos da fala goianesa e fomentar o coñecemento e relación entre galeg@s e portugueses/as.

Ver blog do proxecto Fachos e Fortes.